FONDO DE LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR_CURSO 2023/2024

FONDO DE LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024: 

Informamos da apertura do prazo de solicitudes para o Fondo de Libros e Axudas para Material Escolar en Primaria e na ESO para o vindeiro curso (Orde do 10 de maio de 2023). 

Para o vindeiro curso modificanse algunhas das condición de renda e a cuantía das axudas; polo tanto, rogamos miredes con atención as instrucións. 

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:  

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario deberán devolver os libros de texto do presente curso 2022/23. A non devolución será causa de exclusión da participación do Fondo Solidario no curso 2023/24. 

O centro informará ao longo do mes de xuño, a través de Tok App e por outros medios, das condicións e prazos nas que se realizará a devolución dos libros de texto.  

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  

Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumno.  A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24. 

ONDE PODEN ATOPAR A SOLICITUDE? 

Como arquivo anexo neste mesmo comunicado (poden descargalo e cumplimentalo). 

IMPRESO SOLICITUDE 2023/24

No blogue do Colexio Manuela Rial Mouzo (poden descargalo e cumplimentalo)

Poden recollelo presencialmente na Secretaría do Centro, de 9:00 a 13:30 horas, de luns a venres.

No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

ONDE PODEN PRESENTAR A SOLICITUDE? 

- No Colexio Manuela Rial Mouzo: presencialmente na Secretaría do Centro, de 9:00 a 13:30 horas, de luns a venres.  

- Vía electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia). No caso de que se tramite a solicitude por esta vía será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.  

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:  

Aínda que o prazo oficial para presentalas comeza o sábado 20 de maio de 2023 e remata o día 21 de xuño de 2023, rogámoslles entreguen as súas solicitudes non máis alá do mércores 14 de xuño.  

Rogamoslle a maior rapidez da presentación da solicitude, a fin de poder enmendar posibles erros na tramitación. 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 

a) Presentar o impreso da solicitude (Anexo I da Orde) e impreso de comprobación de datos dos membros computables (Anexo II da Orde) correctamente cubertos. 

b) Copia do libro de familiar onde aparecen todos os membros da unidade familiar. *Consultar situación especiais (divorcio, discapacidade, violencia de xénero...) na Orde ou ben no Documento Anexo INSTRUCIÓNS

Equipo Directivo