FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22

   


FONDO DE LIBROS E AXUDAS  MATERIAL ESCOLAR   CURSO 2021/2022

Informamos  da apertura do prazo de solicitudes  para o  Fondo de Libros e Axudas para Material Escolar en Primaria e na ESO para o vindeiro curso (Orde de 6 de maio de 2021).

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario deberán devolver os libros de texto do presente curso 2020/2021. A non devolución  será causa de exclusión da participación do Fondo Solidario  no curso 2021/2022.

O centro informará ao longo do mes de xuño, a través  de Tok App e por outros medios,  das condicións e prazos nas que se realizará a devolución dos libros de texto.

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  

Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/2022.

ONDE PODEN ATOPAR A SOLICITUDE?

  • Como arquivo anexo neste mesmo comunicado (poden descargalo e cumplimentalo).

   Impresos SOLICITUDE 2021/2022

  • No blogue do Colexio Manuela Rial Mouzo   (poden descargalo e cumplimentalo).
  • Poden recollelo presencialmente na Secretaría do Centro, de 9:30 a 13.30 horas, de luns a venres (recomendamos chamen con anterioridade para cumplir coas Normas de seguridade, autoprotección e distancia interpersoal.)
  • No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

 ONDE PODEN PRESENTAR A SOLICITUDE?

-  No Colexio Manuela Rial Mouzopresencialmente na Secretaría do Centro, de 9:30 a 13.30 horas, de luns a venres (recomendamos chamen con anterioridade para cumplir coas normas de seguridade, autoprotección e distancia interpersoal.)

- Vía electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia).  No caso de que se tramite a solicitude por esta vía será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

 

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES.

Aínda que o prazo oficial  para presentalas  comeza o venres 21 de maio de 2021 e remata o día 22 de xuño de 2021, rogámoslles entreguen as súas solicitudes non máis alá do martes 15 de xuño. 

  DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

a) Presentar impreso da solicitude (Anexo I da Orde) e impreso de comprobación de datos dos membros computables (Anexo II da Orde) correctamente cubertos.

b) Copia do libro de familia onde aparecen todos os membros da unidade familiar. *Consultar situacións especiais (divorcio, discapacidade, violencia de xénero,...) na Orde ou ben no Documento Anexo INSTRUCIÓNS